Tenda especializada en premamá e bebés

Mi Bebé é un espazo comercial na vila de A Estrada adicado ao mundo da nai e do recén nacido.

A paixón que sentimos polos máis pequenos da casa vese reflectida na nosa tenda e no trato que lle damos aos clientes.

O que de verdade importa, está no interior

En Mi Bebe contamos cun amplo catálogo de produtos para a futura nai e para o bebé de primeiras marcas do sector: Mustela, Suavinex, Chico, Baby Jogger, Tuc Tuc, Tommee Tippee, Jané, Saro, Emotion, Bimbi Dreams, Babidu, Kukuxumusu, Pasito a Pasito, Molto, Brisa Bebé... no que atoparás artigos de parafarmacia, puericultura, téxtil, moda, canastilla, xoguetes, decoración, agasallos...

Ademais se queres facer un detalle personalizado, creámosche unha cesta a medida, adaptada ao teu presuposto.

En Mi Bebé somos fabricantes de roupa para bebé e primeiras postas da marca Calpep Bebé.

Visita a nosa tenda e mostrarémosche todo o que necesitas para o teu bebé.

Artigos para bebés, parafarmacia infantil...

En Mi Bebé contamos cun amplo catálogo de produtos para ti e o teu bebé, entre os que destacamos:

PARAFARMACIA
Leites de fórmula, cereais, cueiros, biberóns, tetinas, chupetes, hixiene e coidado do bebé como xeles, champús, toalliñas, colonias, cremas, cremas para peles atópicas, hipersensibles, soros... Produtos premamá como faixas preparto e postparto, suxeitadores de lactación, discos lactación, bolsas leite, cremas antiestrías, xeles pernas cansas, preparación do mamila.

PUERICULTURA LIXEIRA
Vixiabebés, sacaleites, esterilizadores, quentabiberóns... e todo o preciso para comer (termos, papilleiros, vaixelas, neveiras, cuncas, pratos, tuppers, culleres...), artigos para o baño (redutores wc, papeleira de cueiros, bonecos auga, neceseres, cambiadores...), seguridade no fogar e no automóbil (barreiras cama, espellos coche, repousacabezas, parasois, tapaenchufes...).

PUERICULTURA PESADA
Berces, berces viaxe, cómodas, tronas, hamacas, cadeiras lixeiras, parques, andadores, mobles bañeiras, cadeiras auto...

PUERICULTURA TÉXTIL
Sacos para todo tipo de coches, sacos a medida, sacos cochecito, sacos maxicosi, sacos cadeira, bolsos, maletas, talegas, portadocumentos, edredóns berce, edredóns berce medidas especiais, minicunas, mantas, sabas, toallas, cambiadores, capazos vimbia, cesta colonias baño...

MODA E CANASTILLA
Roupa exterior das marcas máis actuais e frescas do mercado, roupa interior (como gorriños, manoplas, babeiros, camisetas e polainas, patucos, pixamas, bodys ata a talla 24 meses...), complementos e calzado.

XOGUETERÍA, COMPLEMENTOS, DECORACIÓN E AGASALLOS
Xogos e xoguetes varios, axóuxeres, doudous, peluches, mordedores, carruseis de berce, xogos de estimulación, correpasillos, lentes de sol, mochilas...

En Mi Bebé realizamos cestas por encargo, adaptadas ao teu presuposto.

Visítanos e asesorarémosche sobre os nosos produtos e servizos.

Mi bebé en A Estrada

Puericultura e moda infantil en A Estrada

Contacta con Mi Bebé

En Mi Bebé atoparás unha ampla variedade de produtos que ti como futura nai e o teu bebé podedes necesitar.

    • Justo Martínez, 7 Baixo - 36680 A Estrada (Pontevedra)
    • Horario de inverno:
      De luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:30.
      Sábados de 10:00 a 14:00.
    • Horario de verán:
      De luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Sábados de 10:00 a 14:00.

Lin e acepto a política de privacidade